martes, mayo 02, 2006

Maltratada



Esperta o sol,

os seus raios aluman os meus tristes ollos,

pouco a pouco as bágoas da dor

apodéranse de min, de min ...

da miña dor.

Outro día máis ...

Que me agardará hoxe ?

Insultos, golpes, desprezo

vexo como o meu mundo se derruba

sen poder evitalo.

Agora, todo negro,

nun principio todo branco

Agora, todo escuro

nun principio todo claro

Incertidume

¿ Que vai ser de min ?

Laméntome hora á hora

casei cun home que me deshonra

e que día a día me odia

¿ Como rematará a miña historia ?

Sairei adiante ... SI,
aínda que me custe sufrimento constante.
Fareino por eles ...
Fareino por ti ...

Fareino ... SI, fareino por min !!!

3 Comentarios:

Blogger non me pagan por pensar dixo...

Este poema parécenos que está moi ben elaborado,porque nos gusta a forma e a técnica que utilizas para denunciar un problema que cada vez afecta máis á nosa sociedade.Noraboa!!!!!!!!!

6:27 PM  
Blogger licerlecia dixo...

Es a mellor!!!
Que bonito, entroume no corazón.
Son Laura e teño 11 anos e a miña nai foi maltratada pero, por ela e por min, escapou diso.

3:50 PM  
Blogger pintandocoasletras dixo...

Son Laura e este é o enderezo da miña bitácora: http://pintando-coas-letras.blogspot.com/
Tamén podedes buscar co nome de Pintando coas letras.

5:13 PM  

Publicar un comentario en la entrada

<< Inicio