viernes, junio 23, 2006
sábado, junio 03, 2006
O horÓscopo
Moitas grazas a vieiros pola súa tradución.
O CÓDIGO

Aínda que é verdade que o libro é un traballo da ficción, o autor comeza dicindo que "tódalas descricións das obras de arte, arquitectura, documentos, e os rituais secretos desta novela son verdadeiros". El Código Da Vinci xerou e xerará moita confusión, e leva a moitos a cuestionar o pasado da cristiandade. Como consecuencia, o libro ofendeu a católicos e outras comunidades cristiáns, así como aos historiadores. Escribíronse máis de dez libros que reprochan as teses de El Código.
OLAAAASSSSS
Avísovos de que é algo relixiosa pero....MOLA!!!!
GRAZAS
recordos
A derradeira viaxe
A cantante, que faleceu en Madrid ós 61 anos, recibiu sepultura no Cemiterio Municipal San José ás 14.30 horas nunha cerimonia que se celebrou na intimidade e descansa agora xunto ós seus pais como era o seu desexo. Miles de persoas acompañaron o féretro polas rúas da localidade e, durante o funeral celebrado a mediodía, agardaron xunto ó Santuario para animar a familia. Artistas, políticos, familiares e amigos trataron de confortar antes e despois da cerimonia relixiosa a unha desconsolada Rocío Carrasco, filla da artista, ó viúvo da cantante, ó seu irmán Amador. O féretro saíu do Santuario nun dos momentos máis emotivos do día cando un aplauso arrincou espontáneo dos asistentes, tamén o recibiron con berros de "Rocío, querémoste" e "Rocío, guapa".
Ademais de miles de admiradores acompañaron onte a familia da cantante, amigos e artistas.
miércoles, mayo 24, 2006
O MALTRATO ESCOLAR
| Hoxe quero falar sobre o maltrato escolar en xeral, pero sobre todo do caso dos adolescentes. Sufrir maltrato na escola polos compañeiros, para un adolescente, case é como a fin do mundo, pois séntense desprazados do grupo, que en teoría tiña que ser a súa fonte principal de axuda ou de apoio e, case sempre, na dita escola. Realmente o que ten o problema é o maltratador, aínda que por desgraza, as consecuencias sempre son para o acosado. Unha persoa maltratada pode non dicir nada, é dicir, tragar todo se é introvertido, sufre ao chegar á casa ( aínda que ás veces non o comenta tampouco cos pais por vergoña ) e buscar como única solución o SUICIDIO. Parece que na sociedade na que " vivimos " ( e póñoo en comiñas posto que isto xa non é vivir ), non nos abonda co maltrato da muller, dos animais, do medio... se non que tamén abusamos dos menores e dos nosos compañeiros e, o máis curioso, é que ese maltrato prodúcese moitas veces entre menores!!!! QUE SOCIEDADE ESTAMOS CONSTRUÍNDO ?? |
viernes, mayo 19, 2006
os libros gratis
A metade dos rapaces da ESO terán libros de balde o curso que vén.
Será un investimento total de 10.8 millóns de euros . No próximo curso 2006-2007, a iniciativa cubrirá xa toda a educación primaria e os cursos 2º e 4º da educación secundaria obrigatoria. Para máis adiante queda a súa extensión ao 1º e 3º curso da ESO.
jueves, mayo 18, 2006
OS SENTIMENTOS
miércoles, mayo 17, 2006
matemáticas

Sabedes que...
- O escritor e matemático francés Raymond Queneau escribiu fai uns trinta anos un libro titulado: “ Cien billones de poemas “. E non era unha metáfora, a súa obra contiña de verdade 100 000 000 000 000 de poesías distintas... en só dez páxinas!!!! A solución ao misterio está no inxenio do poeta matemático. En cada unha das dez páxinas do libro escribiu un poema de 14 versos cunha peculiaridade: cada un dos versos encaixaba perfectamente en calquera línea de tódolos demáis poemas. Ademáis fixo que as follas foran recortables en tiras ( unha por cada verso ) de forma que todas elas foran intercambiables. Pois, efectivamente a cantidade de poemas distintos que se poden componer con esos 140 versos e de cen billóns. Atrévete a intentalo, pero debes saber que en caso de que poidas compoñer e ler un poema por minuto tardarás...¡¡¡ 190 millóns de anos !!!
- Nas páxinas do Quixote, cando os personaxes teñen problemas cos ósos, van o alxebrista a que llos coloque. Pero, ¿ que saben os matemáticos de ósos ? En realidade, nada. O que ocorre e que antigamente a palabra álxebra significaba tamén o arte de arranxar as dislocacións dos ósos. Este significado aparece todavía no diccionario da RAG.
- O principio que aplicou Arquímides fai máis de 2000 anos para conseguir que as tropas da súa cidade, Siracusa, venceran as naves romanas que a asediaban foi o seguinte: o sabio mandou construír uns espellos en forma de parábola. Grazas a eles logrou recoller os raios do sol e concentralos nun punto. Logo apuntou os espellos cara ás velas dos barcos inimigos e arderon. Inxenioso, ¿ verdade ?
algo de todo
. ¿ Sabémo-lo que comemos ?
Na actualidade conseguiuse modificar xenéticamente os organismos
para que produzan substancias propias doutro organismo. Así, en teoría, é posible modificar unha planta para que produza, por exemplo, proteínas de peixe. Estes organismos, así modificados, denomínanse transxénicos e os produtos derivados deles son alimentos transxénicos. Os defensores deste tipo de prácticas aluden que con esto a productividade aumentará e así poder acabar coa fame no mundo, pero as persoas que están en contra argumentan que pode producir riscos para a poboación e que non é solución para o problema da fame.
Como a polémica está servida nós témonos que conformar con exixir que as etiquetas amosen ao consumidor a presenza de compoñentes transxénicos, pero aínda hai un problema, pois a normativa europea afirma que non é obrigatorio etiqueta-los produtos transxénicos cando estes conteñan menos do 1% de modificación.
En fin logo...SABÉMO-LO QUE COMEMOS????
. O ruído
A exposición prolongada a niveis sonoros intensos destrúe os receptores sensoriais do oído e conduce irremersiblemente á perda da capacidade auditiva.
A unidade utilizada para determina-la intensidade sonora é o decibelio (db). Nunha conversación normal alcánzanse 50 db, as motos sen silenciador alcanzan 115 db, o mp3 conectado a un volume alto pode chegar os 90 db e os concertos de rock e nas discotecas alcanzánse os 110 db; mentres que o límite doloroso se establece en 140 db. Unha exposición prolongada e frecuente por encima de 85 db degrada o oído.
Os mozos están especilmente ameazados por este invisible aínda que ruídoso inimigo.
o día das Letras Galegas
Neste ano 2006 adícaselle este premio a Manuel Lugrís Freire. Hai vos vai unha pequena biografía, pero poderedes pescudar máis en Internet. Nado en Sada e que dende moi xoven tivo que emgrar a Cuba, onde colaborou en proxectos coa xente de aló. Xa pasados uns anos regresou a Galicia onde foi presidente da Real Academia Galega e... a depresión. Poucos anos máis tarde morreu.
Na nosa pequena vila fixemos un manifesto a prol da lingua e esperamos que s sirva para darse conta de que falar galego é divertido e actual, rexeitando o tópico de antigo e retrógrado!!!
O GALEGO FLIPA... E TI FLIPARÁS
CON EL!!!!!
algo de cine
Este director xa tiña dous Oscars polas películas: ” Todo sobre mi madre “ e “ Hable con ella “ e, a verdade, é que merece todos estes premios e máis, pola súa loita por facerlle un oco ao cine español en todo o mundo. E aparte disto, a súas películas son dunha temática apaixoante e ás veces pretenden ensinarnos algo.
Esperemos e desexamos que siga producindo
películas!!
o remate do curso
Ese é o noso consello!!!
viernes, mayo 05, 2006
Película " Los educadores "

Yaiza Andrade |


